Benvidos!
Benvidos á paxina oficial de Teatro da Falúa!
Estamos orgullosos de poder convidarvos viaxes tan dispares coma a través do delirante mundodisco acompañando á propia morte, recorrer o skyline de calquera cidade dende un punto de vista diferente o do máis fondo das súas rúas ou a creación do chulo perfecto na mansión do noso travestí favorito!
Desnudámosnos para vós, o noso pasado presente e futuro están á súa disposición nesta páxina. Ogallá que a disfruten.
Novas
ESTREAMOS FORO!!! TODAVIA ESTA EN PROBAS PERO AQUI TENDES O LINK http://www.falua.110mb.com/foro rexistrarse e moi simple, BENVIDOS!
A OLA!
A nova obra que estamos a ensaiar e preparar e "A Ola" (Die Welle) basada na pelicula Alemana de mesmo nome
Asi mesmo estamos a procurar escenarios para representar outra vez Rocky Horror Picture Show en Marzo do 2011, si queredes suxerirnos algun emprazamento escribide a: faluateatro@gmail.com
Novas antigas
VOLVEMOS A REPRESENTAR ROCKY AS 20:00 O DIA 19 DE NOVEMBRO 2010 NO INSTITUTO ROSALIA DE CASTRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA NO CONCURSO XUVENTUDE CREA (GALIZA CREA), OS ESPERAMOS A TODOS ALI!!
ESTREAMOS O DIA MERCORES 2 DE XUÑO AS 21:00 NO SALON TEATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA DENTRO DA MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO
Nestes mismos instantes estamos a traballar duro para ofrecervos unha historia case tan inquietante coma suxerente, o archicoñecido musical "The Rocky Horror Picture Show" do ano 1975 adaptada por nós, á fin, enteiramente galego (unha das poucas linguas nas que aínda non se representara). Coreografiada e cantada por nós sen trampa nin cartón.
Unha obra que trata sobre o soño dun científico, alieníxena e travestí, e a mala sorte dunha malpocada parella que cae no lugar erróneo no peor momento, é dicir, no castelo do noso científico a noite da realización da súa obsesión: a fabricación do home perfecto, e a celebración de esta cos seus compatriotas.
Non sexades impacientes! Estamos a traballar nela e pronto poderedes vela en todo o seu esplendor! Alí onde nos deixen representala,claro.